Departamento Contable – Fiscal

/Departamento Contable – Fiscal
Departamento Contable – Fiscal 2010-05-27T20:05:34+00:00

A tarefa contable e fiscal refléxase no seguimento continuo que facemos das empresas, no tratamento da documentación que se xenera na actividade diaria e na súa transformación en datos de interese analítico para o seu estudo e presentación nas administracións. Deste xeito, elabóranse os distintos documentos e informes oficiais que se esixen legalmente e que se acollen ós principios e normativas contables e tributarias.

É un departamento con melloras relevantes que pretenden xerar no cliente o mínimo costo e a maior eficiencia, mediante innovacións tecnolóxicas implantadas na empresa.

Asesoramento sobre a contabilidade oficial con suxeición á normativa establecida polo PLAN XERAL DE CONTABILIDADE, e a presentación dos libros de Contabilidade, Diario, Inventarios, Balances e Contas Anuais no Rexistro Mercantil.

  • Asesoramento técnico e representación, nas Inspeccións da Axencia Tributaria que correspondan ós exercicios contables contratados.
  • Contabilidade analítica e de xestión.
  • Estudo de posibles exencións e bonificacións, así como a posibilidade de acollerse a algún beneficio fiscal.
  • Preparación e tramitación das liquidacións tributarias periódicas, tales como: IVE, retencións traballadores, renda, patrimonio e declaracións informativas.
  • Notificación e información de todas aquelas Leis ou Disposicións, que creasen ou modificasen as súas obrigacións tributarias, para a Axencia Tributaria Municipal, Autonómica o Estatal.