Asesoría Coempsa | Os teus asesores en Meaño, O Salnés e Pontevedra | Os teus asesores en calidade e medio ambiente, economía e finanzas, contabilidade e fiscal, laboral e recursos humanos, administración e atención ao cliente, protección de datos, xurídico e subvencións en Meaño e Salnés (Pontevedra)

Certificación Calidade ISO 9001 Certificación Ambiental ISO 14001 logo de la AEAFyT

Área de Calidade e Medio Ambiente
Departamento Económico - Financeiro
Departamento Contable - Fiscal
Departamento Laboral - Recursos Humanos
Departamento de Administración e Atención ao Cliente
Departamento Xurídico
Departamento de Subvencións

Nota legal

Versión para impresiónEnviar a un amigoVersión PDF

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE COEMPSA CONTABILIDADES Y GESTIONES, S.L.

http://www.asesoriacoempsa.com

COEMPSA CONTABILIDADES Y GESTIONES, S.L. (en diante COEMPSA) con domicilio en Ponte Dena, Nº 32 Baixo, 36.967 Meaño, Pontevedra, con CIF B-36231884, representada por MARIA ELISA CACABELOS TORRES, con NIF 76810919G, pón a disposición no seu sitio web http://www.asesoriacoempsa.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de COEMPSA por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expónselle ao USUARIO no sitio web http://www.asesoriacoempsa.com en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, imprima, arquive e acepte a través de Internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

COEMPSA está inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, Folio 70, Libro 1.595 de Sociedades, Inscripción 1ª, Folla nº PO-14.041.

O acceso ao sitio web de COEMPSA implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO: 1.1.- A utilización do sitio web de COEMPSA non leva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo se este USUARIO desexa utilizar a base de datos de artigos existentes en http://www.asesoriacoempsa.com onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente COEMPSA prohibe os seguintes: 1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de COEMPSA ou a terceiros. 1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing"). 1.2.- COEMPSA poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula quinta.

SEGUNDA.- CONTIDOS: Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por: 2.1.- COEMPSA utilizando fontes internas e externas de tal modo que COEMPSA unicamente faise responsable polos contidos elaborados de forma interna. 2.2.- Terceiros alleos a COEMPSA ben mediante colaboracións directas no sitio web ou ben presentes a través de ligazóns a outros sitios web ou a noticias doutros sitios dos que non é titular COEMPSA. COEMPSA en ningún caso será responsable dos contidos así introducidos e non garante o correcto funcionamento de todas estas ligazóns. O USUARIO que desexe establecer unha ligazón no seu sitio web ao sitio web de COEMPSA non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas a disposición no referido sitio web. 2.3.- COEMPSA resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA: COEMPSA informa que o sitio web http://www.asesoriacoempsa.com, os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de COEMPSA. COEMPSA utiliza fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece ligazóns a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE: As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Pontevedra, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

QUINTA: No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. COEMPSA poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de COEMPSA.

CRÉDITOS: Este sitio web foi realizado pola consultora en TIC Softic, de Grupo Isonor.

Logo Softic Logo Grupo Isonor