
Ofrecemos asesoramento para a creación de novas empresas, así coma a realización de estudos financeiros que detallen a situación das que xa están consolidadas e que operan no mercado.
Así mesmo, emprendemos no nome do cliente todo tipo de trámites administrativos e burocráticos, que este precise, nos entes u organismos que corresponda.
Por outro lado, tamén lle aportamos información en canto a novas alternativas de financiamento, por medio de institucións coma o IGAPE e o ICO, a través de fontes que o avalen coma SOGARPO e AFIGAL.