Loading...
Quienes Somos 2017-11-22T09:30:10+00:00

FUNDOSE NO ANO 1986 E Ó LONGO DOS ANOS FOI CRECENDO E ACADANDO MAIOR RELEVANCIA NO CAMPO DAS ASESORÍAS, PRINCIPALMENTE NO ÁMBITO REXIONAL.

Ésta evolución da empresa non só é froito da labor que desempeñan os nosos profesionais, se non tamén da confianza que co paso do tempo foron depositando en nós os clientes, polo que aspiramos a innovar continuamente para responder ás necesidades do mercado, adecuando á nosa organización os desenvolvementos tecnolóxicos e buscando a calidade en cada un dos nosos servizos.

Somos conscientes de que o realmente importante é ofrecer un servizo que transmita a sensación do traballo ben feito, de que o único relevante e prioritario é facer que as empresas que contan con nós, sintan que traballamos por e para elas. Aquí reside a nosa diferenza.

Operamos nun sector cunha ampla competencia, que alcanza niveis importantes.

A oferta das empresas do sector presenta bastantes aspectos en común. Chega un momento no que se debe acadar outro tipo de posicionamento, facéndose necesario destacar as características que nos distinguen dos demais e reforzalas, apoiándonos nelas e abrindo outros camiños de actuación.

Intentamos adoptar unha posición máis próxima á demanda.

Non pretendemos quedarnos unicamente no campo do asesoramento ás empresas, tamén queremos traballar con elas, non queremos estar detrás do cliente, se non ó seu carón; que este teña a sensación de que formamos parte do seu negocio e que este para nós é prioridade.

Traballamos para atender un mercado moi amplo e variado

A diversidade de empresas existentes fainos avanzar e adaptarnos ás particularidades de cada unha delas, polo que intentamos incrementar a nosa oferta de servizos e anticiparnos ás novas necesidades que xurdan, aportando solucións que permitan mellorar a produtividade, a calidade e, en definitiva, o resultado do cliente, en todos os sectores da actividade económica.

Con estes obxectivos, acadaremos o noso firme compromiso de conseguir unha mellora continua (avalados por o noso Sistema de Calidade e Medio Ambiente, establecido en base ás Normas UNE EN ISO 9001:2008 e 14001:2004, e poder adaptarnos ás particularidades que cada fonte de negocio nos ofrece, facendo delas unha vantaxe que repercuta de xeito positivo no estado da empresa, porque no seu éxito radica o noso.

Política de Calidade e Medio Ambiente

Desde a Dirección de COEMPSA, viñemos incrementando paulatinamente novos servizos anticipándonos ás necesidades do mercado, achegando solucións integrais que permitan a mellora da produtividade, calidade, servizo e resultados dos nosos clientes, en todos os sectores da actividade económica. Procuramos ofrecer a cada un dos nosos clientes individuais un servizo persoal, sensible ás súas necesidades, responsable e que achegue confianza en canto aos seus resultados.

Aspiramos a innovar continuamente para responder as necesidades do mercado, adecuar a nosa Organización aos desenvolvementos tecnolóxicos, avanzando cara á calidade en cada un dos produtos e servizos que prestamos.

Os nosos servizos caracterízanse pola rapidez e a capacidade de adaptación, transmitíndolle confianza e seguridade aos nosos clientes, a través do dominio dos servizos ofertados e a comunicación constante ao longo da duración do traballo; especialización sectorial, permitíndonos coñecer e optimizar os procesos crave, ofrecendo un servizo personalizado, convertémonos en aliados do seu negocio, ofrecéndolles solucións integrais con equipos multidisciplinares, mellorando continuamente o desenvolvemento dos nosos produtos, sendo noso principal activo o noso persoal e o noso principal aval os nosos clientes.

Para iso, a nosa organización asume o compromiso de:

  • Mellora continua..
  • Investir en innovación e tecnoloxía, continuo desenvolvemento de novos produtos.
  • Aposta decidido por dotar ao noso persoal dos mellores recursos e coñecementos que aseguren uns servizos de calidade.
  • Comunicación constante con todas as partes interesadas en vistas a emprender o camiño da calidade.

Con estes obxectivos, conseguiremos o noso firme compromiso na mellora continua do noso Sistema de Calidade e Medio Ambiente, desenvolvido en base ás Normas UNE EN ISO 9001:2008 e 14001:2004, seguindo as directrices marcadas para o correcto desenvolvemento dos nosos servizos, “Asesoramento de empresas sobre temas financeiros, contables, tributarios, laborais, protección de datos e xestión de subvencións”, a través dos seguintes principios:

  • Contribuír á preservación da nosa contorna a través do noso compromiso coa Prevención da Contaminación.
  • Perseguir a continua satisfacción dos nosos clientes, adiantándonos sempre ás súas necesidades.
  • Asegurar o cumprimento dos requisitos establecidos polos nosos clientes e a propia empresa.
  • En relación ao desenvolvemento dos nosos servizos e aos nosos Aspectos Ambientais, comprometémonos a cumprir coa normativa e lexislación de aplicación e aqueles requisitos que podamos subscribir con terceiros.
  • Asegurar a eficacia do Sistema de xestión, realizando revisións periódicas do mesmo co fin de asegurar o cumprimento da Política da Calidade e Medio Ambiente, os Obxectivos e as Metas establecidas.

Organigrama da empresa.

O verdadeiro éxito dunha empresa

Non se basea en intentar acadar o maior nivel de beneficios, nin en pretender acaparar maior cota de mercado que os competidores. Éstes son aspectos que evidentemente se pretenden conseguir, pero o que marca o prestixio dunha empresa é a imaxe que teñen os clientes dela.

Falamos?