Quen somos

/Quen somos
Quen somos 2010-01-10T20:36:28+00:00

O verdadeiro éxito dunha empresa non se basea en intentar acadar o maior nivel de beneficios, nin en pretender acaparar maior cota de mercado que os competidores. Éstes son aspectos que evidentemente se pretenden conseguir, pero o que marca o prestixio dunha empresa é a imaxe que teñen os clientes dela.

Coempsa Contabilidades y Gestiones S.L., fundouse no ano 1986 e ó longo dos anos foi crecendo e acadando maior relevancia no campo das asesorías, principalmente no ámbito rexional.

O verdadeiro éxito dunha empresa non se basea en intentar acadar o maior nivel de beneficios, nin en pretender acaparar maior cota de mercado que os competidores. Éstes son aspectos que evidentemente se pretenden conseguir, pero o que marca o prestixio dunha empresa é a imaxe que teñen os clientes dela.

Coempsa Contabilidades y Gestiones S.L., fundouse no ano 1986 e ó longo dos anos foi crecendo e acadando maior relevancia no campo das asesorías, principalmente no ámbito rexional.

Ésta evolución da empresa non só é froito da labor que desempeñan os nosos profesionais, se non tamén da confianza que co paso do tempo foron depositando en nós os clientes, polo que aspiramos a innovar continuamente para responder ás necesidades do mercado, adecuando á nosa organización os desenvolvementos tecnolóxicos e buscando a calidade en cada un dos nosos servizos.

Somos conscientes de que o realmente importante é ofrecer un servizo que transmita a sensación do traballo ben feito, de que o único relevante e prioritario é facer que as empresas que contan con nós, sintan que traballamos por e para elas. Aquí reside a nosa diferenza.

Operamos nun sector cunha ampla competencia, que alcanza niveis importantes. A oferta das empresas do sector presenta bastantes aspectos en común. Chega un momento no que se debe acadar outro tipo de posicionamento, facéndose necesario destacar as características que nos distinguen dos demais e reforzalas, apoiándonos nelas e abrindo outros camiños de actuación.

Partindo destas premisas, intentamos adoptar unha posición máis próxima á demanda. Non pretendemos quedarnos unicamente no campo do asesoramento ás empresas, tamén queremos traballar con elas, non queremos estar detrás do cliente, se non ó seu carón; que este teña a sensación de que formamos parte do seu negocio e que este para nós é prioridade.

Coempsa traballa para atender un mercado moi amplo e variado. A diversidade de empresas existentes fainos avanzar e adaptarnos ás particularidades de cada unha delas, polo que intentamos incrementar a nosa oferta de servizos e anticiparnos ás novas necesidades que xurdan, aportando solucións que permitan mellorar a produtividade, a calidade e, en definitiva, o resultado do cliente, en todos os sectores da actividade económica.

Para iso, a nosa organización asume o compromiso de:

  1. Mellorar continuamente.
  2. Investir en innovación e tecnoloxía, cun continuo desenvolvemento de novos produtos.
  3. Apostar de forma decidida por dotar ó noso persoal de mellores recursos e coñecementos que aseguren un servizo de calidade.

Con estes obxectivos, acadaremos o noso firme compromiso de conseguir unha mellora continua (avalados por o noso Sistema de Calidade e Medio Ambiente, establecido en base ás Normas UNE EN ISO 9001:2008 e 14001:2004, e poder adaptarnos ás particularidades que cada fonte de negocio nos ofrece, facendo delas unha vantaxe que repercuta de xeito positivo no estado da empresa, porque no seu éxito radica o noso.