Ofrecemos asesoramento para a creación de novas empresas, así coma a realización de estudos financeiros que detallen a situación das que xa están consolidadas e que operan no mercado.
Así mesmo, emprendemos no nome do cliente todo tipo de trámites administrativos e burocráticos, que este precise, nos entes u organismos que corresponda.

Por outro lado, tamén lle aportamos información en canto a novas alternativas de financiamento, por medio de institucións coma o IGAPE e o ICO, a través de fontes que o avalen coma SOGARPO e AFIGAL.
- Fases do estudo previo para a incorporación da nova empresa ó mercado.
- Procura de fontes de financiamento para o novo negocio.
- Xestión no procedemento de creación de microempresas e Pemes e o seu mantemento: modificacións que se orixinen na empresa, fusións, escisións, aumentos e reducións de capital, cambios de domicilio social, …
- Estudios anuais de PyG, Balances, Ratios económicos e outros indicadores da evolución da empresa a nivel de rendibilidade e financiamento.
- Implantación de costos e obxectivos da empresa.