SUBVENCIÓN:
PROCEDEMENTO: TR341D
ORGANISMO: Consellería de Emprego e Igualdade.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDE: 30/09/2021
PRAZO RESOLUCIÓN: 3 meses
PRAZO XUSTIFICACIÓN: o indicado na resolución.
RÉXIME: Concorrencia simple (suxeito a mínimis).
BENEFICIARIOS:
Persoas que causen alta no réxime especial de autónomos entre o 01/10/2020 e o 30/09/2021 e
cumpran as seguintes condicións:
– Estar inscrito como demandante de emprego e carecer de ocupación.
– Ter iniciada a actividade con anterioridade a presentación da solicitude.
– Que desenvolvan a actividade en Galicia.
– Que non percibisen subvencións de emprego autónomo nos tres anos anteriores o inicio
da nova actividade.
– Que non desenvolvesen como autónomos a mesma ou similar actividade (coincidencia 3
díxitos CNAE) nos 6 meses anteriores nin estivesen de alta como autónomos nos 3 meses
anteriores.
– Poderán formar parte de comunidades de bens, sociedades civís ou entidades sen
personalidade xurídica sempre que soliciten a axuda a título persoal.
ACTUACIÓNS / GASTOS SUBVENCIONABLES:
Gastos xerados no comezo da actividade.
CONTÍA DA AXUDA:
2.000 € para persoas desempregas en xeral.
4.000 € para persoas desempregadas que pertenzan a algún dos seguintes colectivos:
– Persoas menores de 30 anos.
– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.
A contía base incrementarase nun 25% nos seguintes casos (acumulables):
• Se a persoa é unha muller.
• No caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.
• Persoas maiores de 45 anos.
• Se a persoa é un emigrante retornado.
• Persoas trans.
• Profesións nos que a muller estea subrepresentada.
OBRIGAS:
– Manter a alta no RETA durante un tempo mínimo de 18 meses.
– No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento do prazo de mantemento da
alta, deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos.
– Cumprir coas medidas de comunicación e información. Colocar un cartel dun tamaño
mínimo A3 nun lugar destacado e visible.
– Manter durante 1 ano a forma xurídica elixida.